miércoles, 12 de marzo de 2008

Os petroglifos de Moaña


Leo onte no xornal "La Voz de Galicia" que unha empresa de excavacións anda a torturar os petroglifos de Moaña botándolles a terra das súas prospecións por riba. Incrible.

Unha vez máis, canta desidia co noso patrimonio! Coa cantidade de petroglifos que hai na zona de Moaña, e en Galicia enteira, e non son capaces as autoridades de protexelos axeitadamente.

E teño entendido que protexer un petroglifo non é costoso nin complicado, bastaría con catalogalo, delimitalo dalgún xeito e sinalalo.


Recomendaríalles ós señores/as das excavacións, e ós señores/as da Xunta, que leran un pouco sobre os celtas e sobre tódalas culturas que viviron e deixaron pegada na nosa fermosa terra, e que se marabillaran co pasado tan rico que temos a fortuna de posuír.

E miren un pouco por preservar o noso pasado histórico, que non costa tanto, e os galegos/as agradeceriámolo.


Por sorte hai tamén xente que se preocupa do patrimonio e denuncia as barbaridades que se fan con él (seguramente máis por ignorancia que por maldade, pero ese xa é outro tema).





3 comentarios:

Handshaker dijo...

Esta sociedade na que vivimos é incrible, non só estamos destruíndo o futuro, senón que agora comezamos, mellor dito, continuamos, destruíndo o noso pasado. Chegamos a un punto no que non miramos nin cara adiante nin cara atrás, estamos como atrapados entre dúas correntes que temos medo de afrontar, e vannos acabar collendo.
Saúdos.

Marta dijo...

Estou dacordo. Se destruímos o pasado e rematamos co futuro, qué nos quedará? Un saúdo

Efraím Díaz dijo...

Si siempre lo he dicho, lo kejor que podiamos hacer es extingirnos todos, si de mi dependiera, apretaría un boton para que desaparecieran l@s human@s del planeta, jejeje, en fin con calma, hay que resistir a tanta.....