martes, 24 de junio de 2008

Galego de laboratorio.

Como xa sabedes, levamos moito tempo oíndo que o galego está perdendo falantes, que está en perigo de desaparición, pero eu pregúntome: isto é así ou trátase só dunha información que nos transmiten pasada polo filtro dunha xente que só ve o que quere ver? Ademais, eu teño as miñas dúbidas de que a política lingüística que se está levando a cabo dende a R.A.G. (Real Academia Galega) e o I.L.G.A. (Instituto da Lingua Galega), a de cambiar as normativas cada pouco tempo, sexa a mellor para a supervivencia da nosa lingua, pois, segundo me contou unha persoa que fixo a proba, ese galego os nosos avós xa non o comprenden. Por que? Pois porque é unha simple elaboración "in vitro" que non ten en conta para nada a nosa realidade lingüística. Unha viaxe ideal para comprobalo sería Ribadeo, a Costa da Morte e Vigo, pero na normativa non aparecen trazos destas zonas (sorpresa!!). Por outra banda, nesta última reforma (2003, se non recordo mal), os que a elaboraron argumentaban que a norma da lingua galega se tiña que achegar á lingua portuguesa, cando na anterior rexeitaban isto por completo (de aí formas como grazas, imposíbel, Galiza e similares), coherencia absoluta, vamos. Pois ben, na facultade na que estudio hai profesores doutras comunidades de España, como o meu profesor de grego en segundo, que viña coa intención de aprender galego, pero cando viu que cambiaban a normativa cada pouco, pasou do tema. E despois quéixanse de que haxa perda de falantes! Pois que queredes que vos diga, pero non me extraña, xa que están botando pedras contra o seu propio tellado.
Ben, pois só me queda dicir que isto mellorará cando certas xentes pechadas de mente comecen a abrir pouco a pouco a súa mente, pero dende o das galescolas, penso que cada día son máis radicais.
A partir deste modesto artigo, que cada un se forme as súas opinións, e espero non ter ferido sensibilidades.
Moitos saúdos a tod@s!

5 comentarios:

Marta dijo...

Estou totalmente dacordo contigo, e explicachelo moi ben. Todo o que dis no artigo teñoo falado con algunha xente, e esa e a opinion xeral. E un galego de laboratorio, feito para non semellarse o castelan, e punto. A xente non fala asi na rua, e moito menos a xente maior. E absurdo que che pidan ese galego para opositar, e logo que? Nun posto publico, a xente non te entenderia se lles falases asi, a miña experiencia e que entenden mellor o castelan que o galego normativo actual. Co que, como dis ti, tiran pedras contra o seu propio tellado. Ala eles.

Efraím Díaz dijo...

Yo he nacido en Galicia, en Lugo, estudiado en Castroverde EGB, estudie en Lugo artes aplicadas y un ciclo superior, todo en galicia, y como no tengo bachiller hala a hacer el (a)Celga4. Sabiendo que hay valencianos en la musica por ejemplo que han hecho el curso de perfeccionamiento y no tienen ni puta idea ni de hablar ni de la cultura ni de la musica gallega, pero como tienen la titulitis ya esta todo correcto, que baremo mas justo.

Y por cierto cada uno habla lo que quiere para eso estamos en un pais libre. O no?

P.d no funcionan los acentos en este ordenador.

Sergio Prieto dijo...

Marta, moitas gracias (que non grazas), polo que dis. Os nacionalistas galegos falan de autoodio porque se rexeita o galego normativo, así que xa ves como está o patio. Efra, pois paréceme unha inxustiza que a unha persoa galega, que, aínda que non empregue habitualmente o galego, sabe falalo (Marta e ti, por exemplo, se non vos molesta que poña os vosos nomes), lle pidan unha proba de galego moi difícil, mentras que ós de fóra amañan con un simple título. E logo quéixanse de que Galicia non é competitiva. Pois, sinceramente, non me extraña. Moitos saúdos.

Marta dijo...

Hoxe vin en La voz de Galicia dúas cartas ó director, que curiosamente viñan dicir o mesmo que expós no artigo. Parece que é un sentimento xeral que se lle está a facer dano ó galego ó tentar reinventalo e impoñelo. Por algo será...

Sergio Prieto dijo...

A verdade, non me sorprende que o sexa, porque con toda a variedade de propostas, feitas e apoiadas por unha xente que ten unhas ideas que defende acriticamente e que non sabe nin explicar por que as defende, pouco futuro lle vexo á nosa lingua. O discurso este de que o castelán oprime o galego levounos, penso que a causa das súas mentes limitadas por ideas radicais, a aprobar medidas que o que fan é acelera-la súa perda de falantes. A ver se deixan de marear coas normativas e comezan a ter en conta que non todos os galegos teñen o galego como primeira lingua.