domingo, 8 de junio de 2008

Persoas e culturas

Malia que vivimos nunha época na que hai unha relativa igualdade entre mulleres e homes, aínda podemos levar algunhas sorpresas desagradables máis a miúdo do que nos gustaría. Mentres lía un xornal, chamoume moito a atención un artigo titulado 15 niñas en pago por un burro, no que se conta como, a raíz da morte dun burro a causas da mordedura dun can, que pertencían a dous clans dunha tribo de Pakistán, a yirga (un consello de notables locais) pronunciou a seguinte sentencia: a entrega de 15 virxes con idades comprendidas entre os tres e os dez anos de idade, para que casasen, nalgún caso, con homes de cincuenta anos, aos que estarían totalmente sometidas. Non deixa de ser curioso, e triste, que un país avanzado dabondo como para fabricar bombas nucleares, que, na miña opinión, crean moitos problemas e non resolven ningún, pero iso é outro tema, considere que quince nenas poidan ser moeda de cambio por un burro. Un dato a ter en conta é o de que, malia a orientación patriarcal da relixión islámica, tanto a lei relixiosa como a civil de Pakistán non permiten que as nenas casen antes da puberdade, o que non é caso das nenas das que vimos falando nesta entrada.

Agora ben, se nos paramos a pensar, é isto tan diferente da trata de brancas, o tráfico de órganos e tantas outras barbaridades que se levan a cabo en contra da lei porque garanten ingresos millonarios, malia o gran risco que implican para quen as leva a cabo? Ningún momento é malo para levar a cabo certas revisións, e, na miña opinión, a ética de certas sociedades, tanto orientais como occidentais, necesita unha seria revisión. Pois, vexamos, que é máis importante hoxe en día, as guerras polo petroleo que, lembremos, xa non queda moito, pero eles seguen ao seu, ou buscar alternativas non contaminantes? Ben, creo que iso non precisa resposta porque tod@s a sabemos. Sería bonito poderlles contar ás nosas fillas e fillos que nós vivimos nun mundo no que os intereses duns poucos non tiñan importancia e non o estaban destruíndo. Sigamos soñando e desexando que as xeracións que nos sigan o poidan ver.

2 comentarios:

Efraím Díaz dijo...

En cuanto a lo que las próximas generaciones lo vean mejor, lo veo muy mal, creo que esto aun esta ascendiendo, cada vez más, aun no hemos tocado techo, espero que no suba más. Y encuanto a lo del burro, me parece penoso que ahí no se meta la comunidad internacional, pero no interesa, fruto de la doble moral que domina el mundo actual. un saludo y enhorabuena.

Marta dijo...

Exacto, no se entiende que la comunidad internacional no intervenga.
Aquí se puede invadir un país por petróleo, pero no se le puede amonestar por pisotear loe derechos humanos más elementales. Increíble, así nos va.