domingo, 27 de julio de 2008

Juego de Tronos.

Autor: George R. R. Martin.
Titulo en castelán: Juego de Tronos.
Ed. Gigamesh: primeira edición: outubro do 2002; segunda edición: febreiro do 2006; primeira reimpresión: marzo do 2007; segunda reimpresión: febreiro do 2008.
Título orixinal: A Game of Thrones (1996). Traducción ó castelán: Cristina Macía (2002).
N.B: Non poño a portada porque hai moitas diferentes segundo as múltiples edicións que existen desta saga. En breve porei as entradas dos outros tres libros publicados ata o de agora.

Este é o primeiro libro da saga de literatura fantástica, aínda sen completar
, "Canción de Hielo y Fuego", do escritor estadounidense George R. R. Martin.
Nun mundo no que as estacións duran dez anos, o rei da vasta extensión coñecida como "Os Sete Reinos", Robert Baratheon, viaxa ata Invernalia, unha cidade do norte, para nomear "man do rei" ó señor desa cidade, Lord Eddard Stark. Isto é debido a morte da anterior "man", Lord John Arryn, nunhas circunstancias que apuntan a que a súa morte non foi casual. A chegada de Eddard Stark a Desembarco del Rey (a cidade real), sitúao no centro dunha rede de intrigas que trata de desentrañar, principalmente a morte de John Arryn, que o pode poñer nun serio perigo a mans de certa persoa. A partir deste punto, a acción vai sufrindo cambios constantes, pero a partir de aquí vou gardar silencio, pois non é plan desvelar todo.
En fin, que, na miña opinión, este é un libro que calquera persoa á que lle guste ler debería ter nas súas mans, pois a brillante narrativa do autor e a multitude de puntos de vista que ofrece (cada capítulo leva o nome da personaxe dende o punto de vista da cal se narra) absorben sen remedio.
Espero que, se vos animades, non vos decepcione, pois esta entrada non lle fai xustiza, pero non sabía que máis poñer.

3 comentarios:

Marta dijo...

Ten boa pinta a saga, si señor, e últimamente ando a ler literatura dese tipo.
Xa mirarei de buscalo na biblioteca, e se non xa cho pedirei prestado... ;-)

un saúdo!

Efraím Díaz dijo...

A mi me gusta la literatura fantástica, pero actualmente estoy enganchado a la lectura de "crecimiento", a ver cuando me canso de esta y puedo dedicarme un poco a lo fantástico que lo tengo abandonado.

Un saludo.

Sergio Prieto dijo...

Saúdos. Pois os libros déixochos cando queiras, só tés que pedilos.
Pois no meu caso é ó revés, eu estou enganchado á fantástica, pero da de crecimiento só lin "Las nueve revelaciones", que me pareceu moi interesante.