domingo, 24 de agosto de 2008

Choque de reyes.

Autor: George R. R. Martin.
Título en castelán: Choque de Reyes.
Ed. Gigamesh: 1ª edición: novembro do 2003; 1ª reimpresión: maio do 2004; 2ª reimpresión: maio do 2005; 2ª edición: abril do 2006; 1ª reimpresión: novembro do 2007.
Título orixinal: A Clash of Kings (1998). Traducción ó castelán: Cristina Macía (2003).

Sobre o ceo dos sete reinos aparece de súpeto un cometa vermello, a presencia do cal é interpretada por cada aspirante ó trono de ferro segundo os seus intereses, pero só unha persoa coñece o seu verdadeiro significado. Por isto, comeza unha guerra entre reis que mesmo ocasiona enfrontamentos entre membros das grandes casas nobiliarias. Mentres os reis se entregan ó xogo de tronos movidos polas súas propias ambicións, o resto do mundo non permanece inmóbil. No norte, ó outro lado do Muro, a Garda da Noite intúe o espertar de escuros poderes agochados nas terras do norte; e no sur, o sangue do dragón estase preparando para recuperar o que perdeu hai xa tanto tempo.

No hay comentarios: