jueves, 14 de agosto de 2008

A Cova da Serpe

Dende que vira nun mapa, fai xa uns cantos meses (pouco despois de trasladarme a vivir a Lugo), o nome deste lugar, chamoume poderosamente a atención, polo tremendo simbolismo que agocha.
Hoxe atopei unha lenda referente a él, e tamén lin unha nova no xornal que, igualmente, fala deste fascinante lugar.



A lenda é a seguinte:

Sempre que podía, unha doncela chamada Berta cabalgaba polas fragas de Friol, en terras lucenses.Seu pai, o Señor de San Paio de Narla, non o vía con bos ollos, pois as súas continuas ausencias impedíanlle ofrecer á súa filla compaña e control paterno.
No medio dunha cabalgada desenfrenada, a montura da doncela terminou por desbocarse. Un home da aldea viu o que pasaba e, a risco de resultar pisoteado polos cascos da besta, puido aferrarse ó animal e apacigualo. Logo acompañou á muller un treito, pero ó coñecer quen era e onde vivía, o campesiño retirouse rápidamente.A pesar diso, a rapaza quedou impresionada pola fortaleza e a valentía daquel home. Ó día seguinte, saliu na súa busca, e non lle foi difícil dar con él. A partires de entón, tódalas tardes quedaban para verse, e acabaron namorándose.
Pronto chegou a oídos do Señor de San Paio a amizade da súa filla cun campesiño, e foi presa dun ataque de furia que derivou na orde de apresar ó aldeano que se atrevera a acehegarse á súa filla. Os dous namorados emprenderon unha fuxida desesperada, perseguidos polos cabaleiros do nobre.
Preto de onde se atopaban, o aldeano sabía que existía unha cova. Todos trataban de evitar eses paraxes. Na aldea din que se trata da cova dun dragón, ó que chaman a Serpe, pero non teñen más remedio que entrar…O home conduce á súa amada ata a cova e introdúcense nela.Entón aparece a cabeza do enorme dragón, coa terrible boca aberta, disposto a matalos. Cunha furia inmensa, o aldeano bótase contra a besta, mentres lle berra á súa amada que se poña a salvo.
Os cabaleiros quedaran na entrada da Cova da Serpe, sen atreverse a ir máis alá, aterrorizados polos ruxidos e os berros que chegaban ata os seus oídos dende o interior. Entón ven á filla do seu señor saír fuxindo da Serpe, chea de dor por perder ó seu amado, e pola terrible escena que acababa de contemplar. É conducida polos gardas á torre de seu pai, onde chora amargamente a súa traxedia.Dende entón, a Serpe saíu a míudo da súa garida. A inmensa serpe ía acabando cos gandos, e atacaba a cantos atopaba ó seu paso, na zona cercana á que xa chaman o Pozo da Serpe. Foi alí, onde un grupo de valentes logrou ó fin darlle morte, envenenándoa.

O motivo da lenda pasou a ser hoxe en día símbolo heráldico do Concello de
Friol.

E a nova que lin no Progreso é ésta:

Redacción (Lugo).La presencia de un molino del parque eólico de Cova da Serpe al pie de la cueva del mismo nombre provocó las protestas del colectivo ecologista Adega, que pide su traslado o supresión al considerar que pone en peligro este elemento geológico, que estaría protegido por la Ley del Patrimonio Cultura de Galicia.


Por este motivo, el colectivo ecologista, en cooperación con la Asociación Cova da Serpe de Friol, envió un escrito a la Delegación de Innovación e Industria de Lugo, en el que reclama que se solicite de la Dirección General de Calidad y Evaluación de Impacto Ambiental la revisión de la Declaración de Impacto Ambiental", de forma que así se garantice la protección de este paraje.

El colectivo ecologista se muestra extrañado por que la Cova da Serpe, protegida en las Normas Subsidiarias del ayuntamiento de Friol (Lugo), no aparezca citada en el Informe Técnico de Prospección Arqueológica del Estudio de Impacto Ambiental. Miembros de esta asociación denunciaron que en este informe sí recoge, por el contrario, la escombrera de una cantera de reciente explotación con la consideración de arqueología industrial.

Ambos colectivos reclaman que, como medida cautelar, la empresa constructora del parque no realice ninguna obra que pueda afectar a Cova da Serpe. Asimismo, demanda que la delegación de Innovación e Industria traslade los hechos a la delegación de Cultura y Deportes para que se proceda a "ordenar las medidas oportunas que impidan la destrucción" de este paraje.

Adega señala que, por otra parte, se incumple la Declaración de Impacto Ambiental, ya que, aunque ésta establece un perímetro de protección de 50 metros desde el borde más externo del elemento protegido, la pista central de este parque eólico pasa a menos de tres metros de los restos de una de las mámoas.

Igualmente, lamenta la existencia de hábitats prioritarios "innecesariamente afectados" por las obras de construcción de este parque eólico.
Finalmente, Adega considera que la Administración tiene "la autoridad y está obligada a disponer de los medios para asegurar la protección del patrimonio público", sin que tengan que intervenir las organizaciones ecologistas.
28/07/2008

A min, a última frase paréceme evidente, e penso que é unha mágoa que se teña que recalcar, pero... así están as cousas.
Que cada quen se faga a súa propia opinión do asunto.


No hay comentarios: