jueves, 21 de agosto de 2008

Irmandades

Voume fixar nas novas boas e amables que acontecen polos arredores,que, ainda que ás veces non o pareza, tamén existen.

Por exemplo, hoxe dei en fixarme nos actos de irmandamento que realizan algúns pobos e culturas.Consisten en irmandar dúas ou máis rexións, polo feito de teren algo importante en común: o nome do lugar, un monumento (coma a irmandade entre China e Lugo polo feito de teren murallas Patrimonio da Humanidade)...

Encántanme estas iniciativas. Buscan o que teñen en común, e, con esa "excusa", celebran actos xuntos, intercambian informacións das súas historias, visítanse uns ós outros... en definitiva, enriquécense coma persoas e como pobos.

Todo o contrario do que se fai habitualmente: pelexar cos do pobo do lado por nimiedades, enfrontarse en deportes coma se fosen guerras con xente doutras localidades, tentar ser sempre mellores e máis importantes que a xente da rexión ou da autonomía veciña...buscar as diferencias, para sentirnos máis importantes. Os pobos e culturas tamén parecen ter problemas de autoestima ás veces.

En fin, a min isto paréceme unha aposta pola unión dos pobos, un xesto fermoso e digno de imitar en máis ámbitos: poderíamos tentar irmandar familias, persoas, países enteiros... O mundo ía ser moito mellor así.

Un exemplo é a Asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde, que no ano 2006, propuxo o encontro de representantes de cuatro localidades da Península co nome en común.
Esta idea foi ben recibida polos membros dos demáis Castroverdes.

O primeiro acto de fraternidade, no que estivemos presentes Efraím, Sergio e máis eu coa Banda de Gaitas Zuncurrundullo,tivo lugar o ano pasado en Castroverde (no de Lugo), onde se plantou unha secuoya que simboliza a unión (qué bonita maneira de selar un pacto, prantando unha árbore), e firmouse esta unión.

















Os outros Castroverdes están en Zamora, Valladolid e Portugal. Estas localidades homónimas reúnense unha vez ó ano para compartir as súas experiencias e crear unha xornada de convivencia.

Qué iniciativa máis boa, oxalá surdan máis ideas así.
Busquemos motivos sempre para favorecer a unión, en lugar da distancia.

1 comentario:

Sergio Prieto dijo...

Boas a tod@s de novo, que xa hai tempo que non deixo aquí nada.
O das Irmandades é unha maneira que axuda moito a unir lugares con costumes, linguas e culturas diferentes, e é unha iniciativa que se leva a cabo moi frecuentemente. Malia todo, creo que as Irmandades especialmente importantes, sen menospreza-las que se fan entre cidades do mesmo país (como a dos catro Castroverdes), son as que se crean entre distintos países, como as de Galicia e Bretaña, dous lugares (pois non sei exactamente como denominalas) cuns costumes e un modo de vida tan semellantes.