domingo, 24 de agosto de 2008

Victoria Francés.

Estarédesvos preguntando de que pode ir unha entrada con este título. Pois queríavos falar un pouco desta rapaza (25 anos), que, na miña opinión, é unha das grandes debuxantes de estética gótica por méritos propios, pero este é un deses temas nos que cada un ten que formarse a súa propia opinión.
A artista que nos ocupa naceu o 25 de outubro de 1982 (na súa páxina non di onde naceu), quedando moi impresionada dende nena polas fragas galegas, onde pasou gran parte da súa infancia. Licenciouse en Belas Artes na facultade de San Carlos (Valencia).
En canto ó seu estilo, convén dicir que a súa orientación cara ós aspectos máis escuros da estética gótica (castelos escuros (creo que isto lle ía gustar a Zivkovic), vampiros e demais), vén, por unha banda, da arte gótica, que coñeceu en París e Londres e, por outra, das obras de Goethe, Allan Poe, Baudelaire e mesmo Bram Stoker.
Actualmente traballa como ilustradora de portadas de libros, libretas (que me sorprendeu atopalas en Paradela), etc, e tamén facendo obras por encargo.
Ten tamén unha páxina web (http://www.victoriafrances.es/), na que se pode ver algo da súa vida e da súa obra en castelán, pois as páxinas en francés e inglés están aínda sen rematar.
Espero que vos guste o debuxo, que é un dos meus favoritos desta gran debuxante.

3 comentarios:

Marta dijo...

Como xa che comentei, houbo unha época da miña vida (aló polos 17-20 anos) na que me gustaron moitísimo estes debuxos e esta estética, aínda que,(na miña opinión persoal), está relacionada cun estado de ánimo co que non me identifico hoxe en día.

Sen embargo, ségueme parecendo fermosa, e encántanme os mundos e personaxes que recrea, e as historias góticas, coma as novelas de Anne Rice, encántanme e parécenme moi intensas e evocadoras dese tipo de mundos góticos.

mabel dijo...

Sabes, Sergio, este dibujo, la cara de la chica me recuerda mucho a la actriz no se si italiana o francesa, Leatizia Casta...

Sergio Prieto dijo...

Hola, Mabel.
Antes que nada, sinto non ter falado máis aquel día no conservatorio, pois a verdade é que case non nos coñecemos. En canto ó debuxo, o certo é que non sei en quen se inspirou, xa que non coñezo os detalles da obra. Sinto non terche sido de máis axuda, pero investigarei por aí, a ver se atopo algo. Moitos saúdos.