domingo, 21 de septiembre de 2008

Ala de dragón

Autoras: Margaret Weis/Tracy Hickman.
Título en castelán: Ala de dragón (El ciclo de la puerta de la muerte I).
Traducción: Hernán Sabaté.
Editorial: Planeta DeAgostini.
1ª edición: 2005.
Título orixinal: Dragon Wing (Volume I The Death Gate Cycle). Bantam Books 1990.

Despois da separación do mundo a mans dos poderosos feiticeiros coñecidos como os sartán e de pechar na prisión asasina coñecida como o Labirinto os seus inimigos, coñecidos como patryn, os sartán desapareceron. Neste contexto, cando xa case ninguén lembra a existencia das dúas razas, os patryn comezan a conseguir saír do labirinto e planean conseguir o que se propoñían antes de ser encerrados: conquistar os catro mundos, aínda que o líder dos patryn ten uns plans que só el coñece...
Ó meu xuízo, unha obra mestra chegada da man de dúas autoras que, coa súa potente prosa e prodixiosa imaxinación, fan que as súas obras sexan difíciles de deixar a medio ler.

No hay comentarios: