viernes, 31 de octubre de 2008

HOXE É SAMHAIN

Samhain é a festividade de orixe celta máis importante, e nela celebrábase o final da tempada de colleitas na cultura celta e era considerada coma o "Ano Novo Celta", que comezaba coa estación escura.

É, ademáis dunha festa de transición (o paso dun ano a outro), unha celebración de apertura ó outro mundo. Foi practidada dende hai máis de tres mil anos polos pobos celtas (en Iberia en lugares coma Galicia , norte de Portugal, algunhas zonas de Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra, e en parte de León).

En Galicia, Rafael López Loureiro, un mestre de escola de Cedeira ( Coruña ) quixo redescubrir esta tradición e comprobar que existía por toda Galicia hasta fai menos de trinta años, ou sexa que os nosos avós e avoas aínda practicaban ritos derivados dos celtas...
Ademáis, analizou a relación do costume das cabazas co culto á morte e a semellanza coas tradicións irmás das illas británicas.
O seu traballo sobre esta tradición, recollido no libro “Caliveras de melón” (caveiras de melón) e noutra de posterior aparición, empezou agora a chamar a atención da comunidade antropolóxica.

O 31 de Outubro, únense as forzas cósmicas, por iso é o momento ideal para realizar ritos de poder e intensificar a capacidade máxica que tod@s levamos dentro.
Considerada o Aninovo das feiticeiras, ésta é unha data de poder na que a percepción se intensifica.
Se vos interesa coñecer ou practicar algún rito nesta noite, podedes ir á páxina http://www.misabueso.com/forum/31-de-octubre.t.74604.html.

Feliz Aninovo!

2 comentarios:

Efraím Díaz dijo...

Interesante....

el origen de las cosas tiene unas reaices tan comunes a veces, que me sorprenden cada vez más ciertos rasgos de los nacionalismos exacerbados.

Marta dijo...

Es verdad. Parece mentira que seamos tan ciegos como para no ver más allá, lo global, y no nuestro terruño y nada más.
Al fin, tod@s somos únicamente ciudadan@s del mundo.