martes, 21 de octubre de 2008

Onde van parar os nosos cartos?

Boas a tod@s. Por fin volvo ás entradas despois da toma de contacto co curso.
Levo vendo durante toda esta semana nos periódicos que Touriño mercou un Audi A-8 que valeu 480.000 euros. Non sei eu o que pensaremos a maioría de xente que nos temos que amañar como podemos, cando o presidente da Xunta fai tal desembolso nunha época de crise como esta, cuns cartos que tod@s sabemos de onde saen. Non esquecín, Efra, as túas observacións sobre o contido negativo que estaba tomando o blog (responsabilidade miña en boa parte), pero é que non podo deixar de preguntarme porque un goberno que se fai chamar democrático (que goberna para o pobo, no sentido literal do composto grego demokratía) pensa só en si mesmo mentres os bancos lle sacan as castañas do lume.
Moitos saúdos.

4 comentarios:

Marta dijo...

Benvido.
Eu non creo que o blog estea tan negativo, paréceme moi ben que critiquemos tod@s e reflexionemos sobre as inxustizas e fallos que vemos ó redor. Oxalá todo o mundo fixera iso, mellor nos iría.

Dito isto, non podería estar mási dacordo contigo. Escoitei na radio hoxe que os policías do CSI de Madrid (contrastando cos das series) teñen que pagar eles cada un o seu chaleco antibalas, mentres que os políticos de Madrid gastaron ¡2 millóns de euros!!! en renovar os seus teléfonos móbiles. Qué escándalo.

E nos Xulgados de Lugo están escribindo os antecedentes dos delincuentes A MAN porque non teñen rexistro informático, o que supón que ás veces non poden acceder ós antecedentes dos detidos, co que teñen quedado en liberdade delincuentes por descoñecerse se tiñan antecedentes ou non(lido hoxe na VOz de Galicia)...
E moitas barrabasadas máis que haberá e descoñecemos. Son escándalos que debemos denunciar, claro que sí.

Por certo, creo que é a primeira vez que escribimos os catro nun mesmo día, qué coincidencia!

Bicos ós tres!

Mabel dijo...

Benvido!!Sergio...tal vez coma di a canción os nosos cartos se atopen..." en el fondo del mar", tralará,lará,lará...je,je...

Mabel dijo...

Benvido!!Sergio...tal vez coma di a canción os nosos cartos se atopen..." en el fondo del mar", tralará,lará,lará...je,je...

Marta dijo...

Xa verisdes no xornal ou na televisión onde van parar os cartos.
Ó despacho e ó coche oficial de Touriño.
2 MILLÓNS DE EUROS en reformar o seu despacho e 480.000 nun cochiño novo blindado.
E mentres, moitas oficinas das administracións sen o imprescindible, sen unha impresora, sen ordenadores, sen escáner... E @s polític@s, sen vergoña ningunha.