martes, 28 de octubre de 2008

Reflexións dende unha ventana.

Boas a tod@s.
En liña coa entrada de Efra, veume hoxe á cabeza, cando estaba na miña habitación da residencia volvendo a vista atrás, a facilidade coa que perdemos a paciencia por, se se lle pode chamar así, unha especie de histeria colectiva. Supoño que xa vistes, ou mellor dito, os vosos oídos tiveron que sufrir, ese momento no que empeza a pitar un coche nun atasco no que se ve claramente que os coches non van poder arrancar en bastante tempo, e alá van os demais detrás, a pitar como tolos. Por que non son capaces de razonar que o que están facendo non lles vai servir de nada, pois o tempo vano perder igual? Eu son da idea de que na vida non se debe racionalizar absolutamente todo, pois a espontaneidade é unha das mellores características que temos e que debemos potenciar. Pero aquí creo que é necesario un esforzo moi grande por controlarse, pois nunha aglomeración de tal cantidade de coches, pódense crear situacións de moito perigo sen sentido ningún.
Deixo a cuestión aberta, pois nin eu o teño moi claro. Estas son reflexións que me veñen á cabeza de repente.
Moitos saúdos.

2 comentarios:

Marta dijo...

Qué razón tes!
É unha reflexión que tamén teño feito polo mesmo motivo. Unha cousa é pitarlle a un coche porque pode haber unha situación de perigo por algunha manobra que faga, e outra poñerse a pitar por un atasco ou porque alguén está tardando un pouco en aparcar.
O único que se consegue así é poñer nervioso a todo o mundo e molestar ós veciños da zona.

Qué ben nos viña a tod@s relaxarnos un pouquiño e facer as cousas máis de vagar, disfrutando cada momento. Eu nos atascos escoito a radio ou aproveito para observar a cidade, cousa que doutro xeito non sempre me paro a facer.
E se se chega tarde, ¿qué máis ten? Non vai morrer ninguén. Únicamente a nosa paciencia e o noso bo humor, se nos non os mantemos vivos.

Efraím Díaz dijo...

Yo a veces soy de los que pita....

todos perdemos los nervios alguna vez, pero la verdad no vale de nada, si ves que no se mueven...

De lo otro ya sabeis mi opinion, perdon por la brevedad pero estoy en el Conservatorio.

Besos a tod@s