miércoles, 15 de octubre de 2008

Os ríos galegos

O asunto é o seguinte: o Ministerio de Medio Ambiente ten unha ducia de proxectos en tramitación para instalar novas centrais nos nosos dous grandes ríos (Sil e Miño).

O noso presi Touriño opúxose, e seica lle díxo ó Goberno central que diso nada, que xa están bastante explotados os nosos ríos, e xa bastantes embalse temos (de feito temos de sobra, e a maioría da enerxía e das ganancias producidas aquí expórtanse, engado eu).
Polo visto dende Madrid respondéronlle que é competencia estatal o control dos ríos galegos.
E Touriño propón que entón lle transfiran a Galicia esa competencia, cousa que a Ministra ourensana en Madrid parece ver axeitado.

Eu estou con Touriño. Non me gustaría que Galicia se convertera no proveedor de enerxía do resto do país, se é a costa de estragar a súa paisaxe, de asulagar os seus pobos e terras, e de interromper máis aínda o natural curso dos seus ríos, que xa están bastante magoados polos embalses (na zona de Valdeorras é unha lástima a paisaxe de embalses e de redes de alta tensión que se ven, é monstruoso, non sei onde teñen previsto meter máis aínda).

Esperemos que a proposta de Touriño prospere, e, por suposto, que a Xunta saiba administrar intelixente e respetuosamente os nosos recursos fluviais.
Sería unha boa nova.


3 comentarios:

Efraím Díaz dijo...

Hoy sale en la portada del Progreso esa noticia y la verdad soy muy crítico con el gobierno gallego sobre todo por temas lingüísticos, pero en esta ocasión si que están haciéndolo bien, esperemos que sigan por este camino, aunque conociendo a los políticos seguramente sea una artimañana para manejar en Galicia el dinero que esta energía genera, no creo que sea para dejar intactos y cuidar nuestros ya lastimosos rios...

Sergio Prieto dijo...

Dende hai varias décadas vivimos dunha maneira na que a conservación da natureza, atmósfera e demais non importa en certos sectores, aínda que iso nos leve ó que nos pode levar. Non quero nin saber o que pode pasar se os ríos e fragas de Galicia desaparecen.

Marta dijo...

Estou dacordo cos dous.
Eu tampouco estou segura de que os políticos/as galegos/as fagan esta petición de forma altruista, terán que ter coidado co que fan con esa transferencia de poder, se é que se chega a dar. Pero tamén penso que se ocuparán máis de coidar os nosos ríos e paisaxes dende Santiago que dende Madrid. O tempo dirá.

E estou con Sergio, é incrible o pouco que lles preocupa a estes sectores a conservación do medio ambiente.
¿Non habería forma de xerar enerxía, e vivir coa mesma calidade, sen facer tanto dano á paisaxe e á natureza? Seguro que sí, pero o grande pecado da política actual é a deixadez e, moitas veces, a chapuza.

Hai que facer as cousas( tamén no traballo) despacio, con cariño, coma dicía unha profesora miña da facultade. Hai que mirar pola natureza e tamén pola calidade de vida que levamos, que non son incompatibles.

Pensen novas formas de facelo, políticos/as, e viaxen e lean para coñecer outras formas de xestión máis axeitadas.