lunes, 29 de diciembre de 2008

O negocio da morte.

Posto que vivimos nunha época na que existen os dereitos humanos, entre os que se conta o dereito á vida, creo que moitos nos preguntamos por que moitos gobernos obteñen ingresos millonarios do seu contrario a través do tráfico de armas. Este é o segundo "negocio" que máis cartos achega actualmente, despois do tráfico de drogas. Xeralmente, estas armas introdúcense no país de destino por vía marítima ou aérea, pero os traficantes mandan un cargamento reducido en transporte terrestre, para desvia-la atención do cargamento importante. Mesmo parece ser que os abogados dos presos por este tipo de tráfico e un número importante de policías obteñen ingresos del. Dos países de América do Sur, o principal exportador semella ser Paraguai, e os principais importadores Brasil, Arxentina, Bolivia, Filipina, Uruguai e os Estados Unidos. Isto leva a preguntarse se un pais que obtén unha parte dos seus ingresos desta maneira e coa lexislación tan laxa sobre armas que ten, está preparado para se-lo país máis poderoso do mundo. Para min está moi claro, pero non é fácil opoñerse a estas inxustizas cando vivimos nunha nova época do "laissez faire, laissez passer".
A información para esta entrada saqueina deste artigo: http://www.brasilescola.com/brasil2/trafico-de-armas.htm

1 comentario:

Marta dijo...

A verdade é que non se entende que os gobernos poidan facer este tipo de negocios de forma legal e normalizada. As armas non deberían existi, ou deberíanas poder ter só as forzas e corpos de seguridade. Pero é un negocio, da cartos, e, cando se trata de moitos cartos e sinxelos, ós países impórtalles pouco de donde veñan, con tal de que veñan. non sei onde deixaron a vergoña.
É outra de tantas cousas que non deberan estar permitidas e tan aceptadas na sociedade.