viernes, 23 de enero de 2009

O cambio

Cando gobernaba o PP, en Galicia entraban a traballar na administración os seus enchufados e afiliados. O BNG prometía un cambio, se chegaba a estar no Goberno. E así foi, cumpliu a súa palabra.

Agora xa non entran os enchufados do PP, agora os que entran son os do BNG.
É un comentario común, xa o teño escoitado moreas de veces, e teño oído e lido exemplos unha e outra vez, mesmo chegados de votantes de esquerdas, fartos e decepcionados de que un partido coma o Bloque faga o mesmiño polo que rasgaba a vestiduras fai poucos anos.

Leo no xornal que O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, xestionado polo BNG, convocou a cinco semanas das eleccións autonómicas 271 prazas para consolidar o emprego de persoal deste Consorcio de Vicepresidencia. É so un exemplo. Se falades con xente da administración ou ledes a prensa, atoparedes algúns máis.

Logo a algúns lles estraña que nas enquisas a xente se amose apática e desilusionada coa política, e que nin vaian a votar. A min cada vez me estraña menos.

1 comentario:

Efraím Díaz dijo...

ES UN VERGÜENZA, QUE CRITIQUEN LO QUE HACIAN LOS OTROS Y AHORA HAGAN ELLOS LO MISMO, QUE PENA¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡.

ESTE TIPO DE COSAS SON LAS QUE ME SACAN DE QUICIO, pero calma, el tiempo deja a cada uno en su lugar.

ENTRE ESTE AMAÑO DE COSAS QUE HACE EL BNG, ESTA EL TEATRILLO DE LOS CELGA......................