miércoles, 4 de febrero de 2009

"Exemplo de coherencia"


Non deixa de ser triste que haxa "persoas" (as comillas van con toda intención) que practiquen unha moral de dobre rasante. Explícome: non é o meu costume dar opinións tan explícitas, pero, cando empecei a pensar por min mesmo, a igrexa comezou a ser para min un cero á esquerda. Pero cando, ó ve-lo que fai este "grupo", pensei que a miña sensación de rexeitamento cara eles xa non podía ir a máis, chegoume información sobre o bispo brasileño Edir Macedo, que ten no seu haber unha colección de fazañas bastante incrible. Este home fundou a súa propia igrexa (Iglesia Universal del Reino de Dios), é ex-presidiario, controla unha gran parte dos medios de comunicación do Brasil e está buscado por fraude. Pero o punto máis desagradable deste home é que, mentres a igrexa predica o afastamento dos bens materiais, obriga os seus fieis a darlle o 10% do que reciban (o famoso diezmo) e ensínalles a outros curas como facer que os fieis lles dean diñeiro,e, para máis INRI, nunca mellor dito, posúe varias mansións de auténtico luxo. A imaxe é de unha delas, e creo que fala por si mesma. Vendo isto, non son quen de explicarme como a xente segue crendo nos que supostamente se preocupan polo benestar da nosa alma pero non miran o da súa.

3 comentarios:

Marta dijo...

Qué buen artículo,Sergio, breve y rotundo.
La pena es que haya gente que no sea capaz de pensar por sí misma, y la alienación que sufren debe ser realmente intensa para no ser capaces de ver lo que tan claramente se presenta delante de ellos/as...

Sergio Prieto dijo...

Gracias. Dise moitas veces que algunhas persoas só escoitan o que queren escoitar, e claro, levamos moito tempo de manipulación disimulada. Pero alégrame ver que hai cada vez máis xente que está empezando a ver o que é realmente a "Santa" Iglesia Católica, Apostólica y Romana. Animo e a seguir así, que xa temos un políticos bastante decepcionantes como para que veñan estes "botar unha man" (á carteira).

Efraím Díaz dijo...

Mira Sergio desde que hayas visto el documental sobre el 11-S verás que las personas no valemos nada par alo poderosos, somos unas marionetas, tu y yo, l@s vecin@s, y tus hij@s....

Como se puede ser tan ruín, mezquino y tener tan poca conciencia....