viernes, 30 de octubre de 2009

Faustino Santalices, Romance de Don Gaiferos



I onde vai aquil romeiro, meu romeiro a donde irá,
camiño de Compostela, non sei se alí chegará.
Os pés leva cheos de sangue, xa non pode máis andar,
malpocado, probe vello, non sei se alí chegará.
Ten longas e brancas barbas, ollos de doce mirar,
ollos gazos leonados, verdes como a auga do mar.

-I onde ides meu romeiro, onde queredes chegar?
Camiño de Compostela donde teño o meu fogar.
-Compostela é miña terra, deixeina sete anos hai,
relucinte en sete soles, brilante como un altar.
-Cóllase a min meu velliño, vamos xuntos camiñar,
eu son trobeiro das trobas da Virxe de Bonaval.
-I eu chámome don Gaiferos, Gaiferos de Mormaltán,
se agora non teño forzas, meu Santiago mas dará.

Chegaron a Compostela, foron á Catedral,
Ai, desta maneira falou Gaiferos de Mormaltán:

-Gracias meu señor Santiago, aos vosos pés me tes xa,
si queres tirarme a vida, pódesma señor tirar,
porque morrerei contento nesta santa Catedral.

E o vello das brancas barbas caíu tendido no chan,
Pechou os seus ollos verdes, verdes como a auga do mar.
O bispo que esto oíu, alí o mandou enterrar
E así morreu señores, Gaiferos de Mormaltán.

Iste é un dos moito miragres que Santiago Apóstol fai

4 comentarios:

Marta dijo...

Qué bonito!
Me encantan estas leyendas y romances. De pequeña tenía un libro con cuentos sobre el camino de Santiago, que les contaba un peregrino a un niño y una niña,les contaba uno cada día del mes de Julio, me encantaba ese libro.
Tengo que ver si lo encuentro en el trastero...
Un beso!

Anónimo dijo...

E moi fermoso, e ademais axudome nun traballo do colexio.
Teño un libro xigante sobre o camiño de Santiago e outro de lendas e romances.

Anónimo dijo...

Hola! Por un casual sabedes o significado de "ollos gazos". Non o atopo por ningún lado.

Efraím Díaz dijo...

Buenas, he estado buscando y lo que he encontrado hace referencia a ojos claros.