sábado, 21 de noviembre de 2009

Incomprensión



Fai uns cantos anos, importáronse a Europa os programas nos que se intenta formar como artistas ou cantantes, entre outras cousas, ás persoas que se presenten ós cásting correspondentes, como Operación Triunfo en España. Aínda que, como creo recordar que xa se dixo nunha entrada ou comentario previos, posiblemente da miña autoría, pero voume arriscar a unha repetición: fronte ós artistas que empezaron desde abaixo, cos coñecementos que iso dá sobre como funciona ese mundo, os gañadores destes programas saen xa cun contrato cunha discográfica de prestixio. Pero hoxe vin polos xornais o petardazo final contra @s músic@s con talento deste país: a campaña do programa Sálvame diario que promove a participación de Karmele Marchante no próximo festival de Eurovisión. Cunha reputación sobradamente coñecida, e creo que bastante controvertida, como tertuliana, non é moi difícil adiviñar o nivel de coñecementos musicais que poida posuír. Ademais, desde o meu punto de vista, supón unha ofensa ós músicos españois dignos de tal nome, que, por outra parte, imaxino que, a estas alturas, xa non lles pasa pola cabeza a idea de presentarse a un concurso no que o noso país presenta uns "artistas" que nos fan agacha-la cabeza. Ademais de cantar, compón as súas propias letras, das que presentará tres en Sálvame.
Persoalmente, creo que é importante considerar que a persoa que nos represente nese festival vai contribuír á construcción da imaxe de España que teñan os outros países, polo seguimento tan amplo que ten. Para tema de reflexión.

4 comentarios:

Efraím Díaz dijo...

Si esa persona representa la imagen de España, me voy a sumar totalmente a la afirmación de Dragó... "me arrepiento de haber nacido español..."

De todas formas Sergio, creo que a veces tenemos lo que nos merecemos y solo no quedará mirar con invidia a otros paises que realmente llevan a gente que vale.

Desde luego por un lado me daría pena que llevaran a la Carmele Marchante, pero por otro ... nos lo merecemos, por vivir en un pais de botarates en el cual la cadena más vista es la que más basura hace.

Un saludo.

Marta dijo...

No sé si es en serio ésto que se dice, o solamente una estrategia de publicidad para que se hable de ese programa.
Pero, desde luego, si piensan en serio mandar a esta mujer a Eurovisión, creo que mereceríamos que se hiciese una excepción con nuestro país, y que nos echaran del concurso aunque España sea uno de los miembros fijos.

Y cuánto tiene que mejorar la cultura musical en España, para valorar a los buenos músicos/as que tenemos. Ahí tendríamos que aprender de países como Portugal o Alemania, que saben reconocer y valorar la buena música y a los buenos/as profesionales.

Escuchemos más música de calidad, tanto en conciertos como en emisoras de radio.

Sergio dijo...

É posible que nolo merezamos, pois creo que todo isto empezou cando se uniu a elección d@ nos@ representante ós circos mediáticos da, por desgracia, gran maioría das canles públicas de televisión e se cometeu o erro, desde o meu punto de vista, por suposto, de deixar de lado a eses xurados formados por músicos experimentados en todo o que supón ser músico, sen quedarse no plano puramente técnico.

Efraím Díaz dijo...

De todas formas creo que despues del "éxito" que tuvo el Chiquiliquatre, el representante no se va a elegir por votación popular...

Un saludo.